CRUCIGRAMA XV
VERTICAIS: 1. Peza de roupa aberta por diante, xeralmente con colo e mangas, que cobre a parte superior do corpo e se usa como vestimenta exterior ou debaixo da chaqueta ou do chaleco 2. Pantalón antigo masculino, que ía da cintura ao xeonllo 3. Tira de tea que se enrola á cintura 7. Peza de vestir que cobre desde o pé ata o xeonllo ou a coxa 10. Peza de vestir exterior, con mangas e aberta por diante, que cobre a parte superior do corpo normalmente por debaixo da cintura aproximadamente ata a cintura 11. Peza de vestir sen mangas para pór por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante.
HORIZONTAIS: 4. Antiga peza de abrigo para a cabeza feita de pano ou la, xeralmente sen viseira 5. Especie de media ou de botín feito de pano, que cobre a perna desde o nocello ata un pouco máis arriba do xeonllo e que, xeralmente, levan unha ringleira de botóns na parte exterior, en plural 6. Peza de vestir para cubrir a cabeza, sen viseira, e que xeralmente ten aba 8. Peza de roupa que cobre desde o pé ata o xeonllo ou ata o van, en plural 9. Peza de vestir axustada, con ou sen mangas, que cobre a parte superior do corpo 10. Calzado co piso de madeira e a empeña de coiro, que se ata con cordóns e ten forma de botina.
0 comentarios