COÑECES ESTA ÁRBORE? VIII
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Xenebreiro. (Juniperus communis). É unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas. Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, a miúdo sendo un arbusto, mais ás veces pode superar os 10 metros. Ten un tronco con moitas pólas, copa espesa, follas lineais, verdes, ríxidas, punzantes, con unha única banda de estomas branca na cara (polo inverso e pola marxe é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de dispersar o pole entre marzo e abril. Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negras purpúreas cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.
8. Identifica:
- Maceira
- Moreira
- Nogueira
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp
0 comentarios