PANEL SOLAR PARA AS NOITES
Un xerador termoeléctrico, en gris claro, colócase baixo unha placa de aluminio negro. Capta a calor por baixo e libérao a través da placa / Aaswath Raman/cell.com/joule
Os paneis solares aproveitan unha fonte de enerxía ilimitada que non contamina, pero as nubes e a noite fan que a subministración de enerxía non sexa continuo. Agora, un grupo de investigadores presentou un prototipo na revista Joule que podería contribuír a solucionar ese problema: trátase dun barato disposivo que aproveita a calor que o chan radia pola noite para xerar electricidade. Polo momento, demostraron que é capaz de facer brillar un LED.
"Este dispositivo pode xerar electricidade de noite, cando as células solares non funcionan", dixo Aaswath Raman, primeiro autor do estudo. "Ademais da iluminación, cremos que esta podería ser unha aproximación para xerar enerxía en lugares remotos, e en calquera lugar onde faga falta obter electricidade durante a noite".
O dispositivo xera electricidade a partir de variacións de temperatura. En concreto, aprovéitase do arrefriado radiativo, polo cal unha superficie exposta ao ceo transfire a súa calor á atmosfera durante a noite, a través de radiación térmica. Este fenómeno fai que dita superficie exposta chegue a arrefriarse máis que o aire de ao redor, o que explica a formación de xeada, e que desde agora pode empregarse para xerar electricidade.
O dispositivo está composto por unha carcasa de poliestireno recuberto de plástico (PET ou tereftalato de polietileno) aluminizado, que actúa como illante térmico. O conxunto protéxese cunha cuberta de plástico transparente á radiación infravermella e colócase sobre unha mesa a un metro do nivel do chan.
Na parte inferior, conta cun radiador de aluminio que capta a calor do aire circundante e que libera ao ceo nocturno a través dunha placa de aluminio pintado de negro. Ao conectarlle un módulo termoeléctrico, os investigadores conseguen iluminar un LED, chegando a un rendemento de 25 miliwatios por metro cadrado.
Segundo os autores do estudo, o dispositivo pode ser aumentado de tamaño con facilidade para o seu uso práctico e mesmo ser fabricado a partir de tecnoloxía barata xa existente (off the shelf). Aínda que de momento pódese producir pouca electricidade, consideran que se pode aumentar 20 veces a súa potencia modificándoo e usándoo nun clima máis cálido e seco.
"Cremos que esta é unha tecnoloxía complementaria á solar", dixo Raman. "Mentres que o seu rendemento sempre será substancialmente menor, pode funcionar durante horas cando as células solares non poden".
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios