Blogia
vgomez

A IMPORTANCIA DE DICIR "QUÉROTE"


E se lles dixese que hai algo que poden facer que tería un beneficio inmediato para o seu cerebro, incluíndo o estado de ánimo e a concentración? E se lles dixese que esa mesma actividade podería protexer o cerebro de enfermidades como a depresión, Alzheimer ou demencia? Faríano?”. Con este punto de partida, Wendy Suzuki, profesora de Psicoloxía e Neurociencia no Center for Neural Science da Universidade de Nova York, leva anos inspirando a unha sociedade sedentaria e con problemas de sobrepeso, tensión e ansiedade.

A súa investigación, recollida no libro ‘Cerebro activo, vida feliz’ e recoñecida con galardóns como o premio Troland de Investigación da Academia Nacional de Ciencias e o Golden Dozen Teaching do New York University College of Arts and Science, explica os mecanismos neuronais beneficiados polo exercicio físico e consellos para manter un cerebro saudable. Pero non se trata só de actividade física e boa alimentación. Wendy Suzuki comprobou na súa propia familia como as emocións fortalecen a creación de recordos, mesmo para pacientes con perda de memoria como o seu pai.

0 comentarios