ENIGMAS MATEMÁTICOS DE MARTIN GARDNER (FIN) E ENIGMAS MATEMÁTICOS DE LEWIS CARROLL (I)
Aquí tes a resposta ao enigma do día anterior.
A rexión B está dentro da curva. Iso sábese grazas a un interesante teorema sobre as curvas pechadas simples. Todas as rexións de dentro nese tipo de curva están separadas das outras por un número par de liñas. O mesmo ocorre coas rexións de fóra. E calquera rexión de dentro está separada de calquera de fóra por un número impar de liñas. O 0 é considerado como un número par, así que se non hai liñas entre dúas rexións, serán parte do mesmo lado. Neste caso, cando pasas por calquera parte da rexión Á calquera da B, no camiño cruzarás un número par de liñas. O camiño da ilustración cruza a liña 4 veces, por iso, antes de poder ver o debuxo enteiro, podíase dicir con certitude que ambas as rexións estaban dentro.
Agora propónoche un novo enigma. Un dos enigmas que nos deixou o autor de "Alicia no país das marabillas", Lewis Carroll, quen baixo o seu verdadeiro nome, Charles Lutwidge Dodgson (1832-1898) era un matemático inglés e, nos seus últimos anos de vida, dedicou parte do seu tempo ás matemáticas recreativas.
No teu xardín, hai nove rosas plantadas nun círculo perfecto. Pero xa te cansaches de ver o mesmo todo o tempo. Tes tres opcións para cambialas, pero cada unha ten as súas regras:
1. Planta as 9 rosas de maneira que crees 8 filas con 3 rosas en cada fila.
2. Planta as 9 rosas de maneira que crees 9 filas con 3 rosas en cada fila.
3. Planta as 9 rosas de maneira que crees 10 filas con 3 rosas en cada fila.
A intentalo. Mañá a solución!
FONTE: bbc.com/mundo
0 comentarios