A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO XVII
Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.
17. España: A cova de Altamira
A cova de Altamira é unha gruta española, famosa polas súas pinturas rupestres da época do Paleolítico superior, nas que aparecen representados mamíferos salvaxes, mans humanas e signos abstractos. A cova está situada preto de Santillana del Mar, en Cantabria, a 30 km ao oeste da cidade de Santander. Ten 270 metros, e consiste nunha serie de corredores e cámaras entrelazadas. O cubículo principal ten unha altura variable, que oscila entre dous e seis metros. Formouse grazas aos afundimentos provocados por fenómenos cársticos que se desenvolveron sobre a rocha calcárea dos montes Vispieres. As escavacións arqueolóxicas efectuadas no fondo da cova sacaron á luz ricos depósitos de arte do período solutrense superior (datables arredor de 18.500 anos atrás) e máis do período Magdaleniano inferior (entre uns 16.500 e 14.000 anos). A caverna foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no ano 1985.
As moeda de 2 euros do noso país, recolle a imaxe dun bisonte magdaleniense.
Mañá outra moeda, neste caso do mesmo país e máis coñecementos!
FONTE: Idea orixinal de Clara González Freyre/Verne/elpais.com e gl.wikipedia.org
0 comentarios