CANTO SABES DAS FILIPINAS IX
Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.
A contestación correcta a pregunta de onte é República. Filipinas é unha república constitucional cun sistema presidencial de goberno, administrado como un Estado unitario, coa excepción da Rexión Autónoma da Nación Moura no Mindanao Musulmán, que é en gran parte independente do goberno nacional. O presidente actúa como xefe de Estado e Xefe do Goberno, ademais de ser o comandante en xefe das forzas armadas. É elixido por voto popular para un período único de seis anos, durante o cal el mesmo elixe e preside o seu propio gabinete. O vicepresidente tamén é elixido por sufraxio directo para un período de seis anos, e pode reelixirse unha vez. O vicepresidente pode ocupar un posto no gabinete, e no caso de que o presidente morra ou renuncie, converteríase no presidente interino e convocaría eleccións. A nivel local, o poder executivo está representado polos gobernadores das provincias, os alcaldes das cidades e municipios e polos capitáns dos barangay.
Presidente: Fernidand Marcos Jr. e Vicepresidenta: Sara Duarte
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é o punto máis alto das Filipinas?
- Monte Pulag
- Monte Apo
- Monte Luho
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios