CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? X
Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.
A contestación correcta á pregunta de onte é Liña lateral. A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles). As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola. Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Da seguinte lista, hai un elemento que non é un peixe. Podes identificalo?
- Bonito do norte
- Esturión
- Tiburón balea
- Golfiño
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios