Blogia
vgomez

MARGARITA SALAS

Margarita Salas / Imaxe: cgquimicos.com

Margarita Salas Falgueras, bioquímica, defínese a si mesma como unha persoa sinxela e moi traballadora. Deixounos hai uns días, concretamente o día 7. Xunto ao seu marido Eladio Viñuela, iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular en España.

Nacera un 30 de novembro de 1938 en Canero (Asturias). O seu pai foi médico e influíu nela, alentando o seu interese polas ciencias. Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid. No verán de 1958 coñece a Severo  Ochoa, quen terá influencia na súa carreira e oriéntaa cara á bioquímica. Durante a carreira coñece a Eladio Viñuela, que comezara a estudar Ciencias Biolóxicas e que deixou pola Química e que, co tempo, casarán. Despois de realizar o doctorado, ámbolos dous, en 1964, emigraron a Estados Unidos, ao Departamento Científico da Escola de Medicina da Universidade de Nova York, traballando con Severo Ochoa, onde permaneceran ata 1967. Nese ano regresaron a España con axuda de financiamento americano para desenvolver a bioloxía molecular.

Foi profesora Ad Honorem no Centro de Bioloxía Molecular Severo  Ochoa, centro de investigación mixto do CSIC e da Universidade Autónoma de  Madrid durante 23 anos.

Entre as súas maiores contribucións científicas destaca a determinación da direccionalidad da lectura da información xenética, durante a súa etapa no laboratorio de Severo  Ochoa, o descubrimento e caracterización da ADN polimerasa do fago Φ29, que ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido á súa altísima capacidade de amplificación do ADN, a demostración de que a p6, proteína de tipo histona, coopera coa proteína p4 na represión do promotor temperán A2 c e na activación do promotor tardío A3, a demostración de que o  triplete sen sentido UAA dá lugar á terminación da cadea polipeptídica nun sistema de Escherichia coli e o descubrimento dunha glucoquinasa específica para a fosforilación de glicosa en fígado de rata cuxa síntese depende de insulina.

O currículo vitae de Margarita Salgas conta con máis de trescentas cincuenta publicacións en revistas ou libros internacionais e unhas dez en medios nacionais. É, ademais, posuidora de oito patentes, e realizou unhas catrocentas conferencias.

Deixounos, en Madrid, o 7 de novembro de 2019.

Quédome con esta frase súa: "Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento".

FONTE: losmundosdebrana.com e wikipedia.org

0 comentarios