CRUCIGRAMA XXV
VERTICAIS: 1. Capital e cidade máis poboada de Polonia, un país da Europa central membro da Unión Europea 3. Capita dun país do Val do Nilo, no Norte de África, chamado Sudán 4. Cidade máis populosa da África Oriental, capital e a maior cidade de Kenya 6. Capital dun país de América do Sur, oficialmente denominado República do Ecuador 9. Capital e principal porto de Estonia, país do norte de Europa, un dos tres estados bálticos 10. Capital dun país do Oriente Medio chamado Siria, que se atopa sumida nun conflito bélico iniciado en 201.
HORIZONTAIS: 2. Capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia, que con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia 5. capital dun país da Ásia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes, chamdo oficialmente República Popular de Bangladesh 7. Capital dunha illa e país das Grandes Antillas, situado no mar Caribe, chamado Xamaica 8. Capital e cidade máis grande de Uruguai, un país de América do Sur 11. Capital e cidade máis grande de Angola, país da costa occidental de África 12. capital dun país situado na rexión noroccidental de América do Sur, denominado oficialmente república de Colombia.
0 comentarios