BANDEIRAS DO MUNDO XXXVI
Esta é a bandeira de Madagascar (República de Madagascar/Repoblikan’i Madagasikara), unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste de África, separada pola canle de Mozambique. Conta cunha poboación, estimada, de 18 millóns de habitantes, sendo a súa capital Antananarivo. Os idiomas oficiais son o malgache e o francés.
A bandeira consta de dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior vermella e inferior verde, e unha vertical no lado do hasta de cor branca. As cores representan a historia de Madagascar, o seu desexo de independencia e as súas clases tradicionais. O vermello e o branco eran as cores do Reino de Merina, que sucumbiu ante Francia en 1896. Eran empregados na bandeira da última monarca de Merina, a raíña Ranavalona III. Poden indicar as orixes étnicas do pobo malgaxe no Sueste Asiático. O verde era a cor dos Hova, a clase predominante de campesiños plebeos, que desempeñou un importante papel na axitación contra Francia e no movemento de independencia.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios