Blogia
vgomez

INQUIETANTE SINAL EMITIDA POLA TERRA

El sonido de la Tierra en Videos

Simulación do choque do vento solar contra o escudo protector da Terra / LUCILE TURC/VLASIATOR TEAM

As sondas Voyager, lanzadas a finais dos setenta, puideron explorar con detalle os planetas xigantes gasosos no sistema solar exterior. Alí puideron estudar a interacción entre o potente campo magnético destes planetas e o vento solar, capaz de crear aneis de radiación ao redor destes planetas. Unha forma de facelo foi poñerlle son a estas distorsións, tal como fixo un equipo investigador da NASA. O resultado foi unha estraña colección de zumbidos, asubíos e sons máis ou menos rítmicos; unha auténtica canción emitida por Saturno e Xúpiter.

A Terra tamén emite a súa propia canción. Un equipo de investigadores da Universidade de Helsinqui, Finlandia, captou o inquietante sinal emitido polo campo magnético da Terra baixo o azoute  inmisericorde dunha tormenta solar. Co obxectivo de estudar este fenómeno, os investigadores traduciron este sinal a sons. Todos os resultados do estudo publicáronse esta mesma semana en Geophysical Research Letters.

Alucinante!

0 comentarios