Blogia
vgomez

MASIVA EXPLOSIÓN TERMONUCLEAR NO ESPAZO

O estalido puido ser provocado por un distante púlsar / NASA

Un equipo de investigadores da NASA conseguiu observar, na profundidade do espazo, unha "masiva explosión termonuclear". Un fenómeno violento e inesperado que  empequeñece a calquera explosión xerada polo home.

O "culpable" da intensa labarada podería ser, segundo a axencia espacial, un distante  púlsar, os restos dunha estrela que estoupou como supernova e que era demasiado pequena como para formar un buraco negro. O estalido puido ser detectado porque emitiu un intenso feixe de raios X, que foi recollido polos instrumentos do observatorio orbital NICER. O anuncio e a análise da titánica explosión, que en apenas 20 segundos emitiu a mesma cantidade de enerxía que o Sol en dez días, aparece este mes na revista The Astrophysical Journal Letters.

Aínda que non están do todo seguros, os astrónomos pensan que a explosión  termonuclear foi causada por helio que se afundiu baixo a superficie do púlsar e que se fusionou despois nunha bóla de carbono. En palabras do responsable do observatorio NICER, "despois, o helio entra nunha especie de erupción explosiva e desata unha bóla de lume termonuclear en toda a superficie do  púlsar". O fenómeno sérvenos de recordatorio sobre a enorme violencia e perigo que pode desatarse no espazo en calquera momento.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

0 comentarios