Blogia
vgomez

MUSICA CON INSTRUMENTOS MUSICAIS E INSTRUMENTOS DO IPADS


O 4 de novembro de 2018 os membros de Viva Suecia, por entón un grupo emerxente do indie español, espertáronse en Colombia. Era a súa primeira visita para actuar no país latinoamericano. Un broche excelente a un ano intenso, no que non pararon de tocar por toda España, enchendo salas cada vez máis grandes. Pero aquela mañá espertáronlles cunha desas noticias que poden facer a diferenza para o resto dunha carreira: os murcianos acababan de gañar o premio a mellor artista local nos MTV EMAS, os galardóns máis prestixiosos na música europea. Palabras maiores, sobre todo tendo en cuenta que unha das candidatas era un furacán chamado Rosalía. Rafa Val, o cantante de Viva Suecia, nun vídeo que publicaron no seu perfil de Twitter dicía: “Espertámonos en Medellín con esta noticia incrible e non se que podemos dicir; estamos flipando”.

En realidade flipar foi unha constante no grupo desde que se formaron en 2014. Porque non deixaron de acumular eloxios, boas críticas e carteis de “entradas esgotadas” polas cidades que pasaron. En outubro de 2019 publicaron o seu novo traballo, ao que titularon ‘O Milagre’, porque iso é o que eles pensan que están a vivir, e volvéronse a embarcar nunha xira na que malgastarán enerxía e consumirán talvez máis quilómetros dos recomendables. O milagroso, con todo, é que Rafa Val, Alberto Cantúa, Jess Fabric e Fernando Campillo manteñan a mesma humildade que cando arrincaron co proxecto. E tamén que se presten ao experimento que lles propón Natalia Sprenger: interpretar o primeiro single do novo disco, titulado como o LP, con varios iPads en lugar de con os instrumentos habituais. O guitarrista Alberto Cantúa, recoñece a versatilidade da app e as posibilidades que abre aos músicos, pero considera que, neste momento, o compoñente humano outorga unha emoción e “un toque de imperfección que fai as cousas máis bonitas”. Pola súa banda Jess Fabric, baixo, asegura que o mellor deste tipo de aplicacións é que “calquera que non teña demasiados coñecementos musicais e sen demasiados ensaios, botando un  ratito en casa, xa pode facer algo de música”. O talento, di Fabric, ponse así por encima da técnica.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/elpais.com

0 comentarios