Blogia
vgomez

ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

Imos ver como adiviñar calquera número que elixa outra persoa. Toma nota:

Escribe nun papel un número de 5 díxitos, pero que comece por 2 e escóndeo no peto. Noutro papel escribe outro número de 4 díxitos. Dille á persoa que estea contigo que propoña outro número de 4 díxitos e que o escríba debaixo do número anterior. A continuación elixe ti outro número de 4 díxitos esvríbeo debaixo do anterior. Proponlle á persoa que se atopa contigo que poña outro número de catro díxitos e o escriba debaixo dos anteriores. Finalmente, selecciona ti un quinto número de 4 díxitos e colócao ao final. Sumar todos. Comproba o resultado é o primeiro número escrito e que estaba escondido no teu peto.

Poñámolo en práctica!

Escribe, nun papel, un número, de 5 díxitos e que comece por 2, por exempo, 24371. Ecóndeo no peto.

Agora, escribe, noutro papel, un número de 4 díxitos, por exemplo 4373.

Pídelle, a unha persoa que se atope contigo, que escriba no teu papel (non o do peto) outro número de catro díxitos debaixo do número anterior, por exemplo 1722.

A continuación eleixe ti outro número de catro díxitos e pono debaixo dos anteriores, por exemplo 8277 é á persoa que se atope contigo outro de catro díxitos, debaixo dos anteriores, por exemplo 1437.

Finalmente, escribe ti, debaixo dos números anteriores outro número de catro cifras, por exemplo 8562.

Súmaos: 4373 + 1722+ 8277 + 1437 + 8562 = 24371

Fantástico!

Onde está o truco? Eso será mañá....

0 comentarios