BANDEIRAS DO MUNDO LXIV
Esta é a bandeira de Andorra (Principado de Andorra/Principat d’Andorra), un estado sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia. A súa poboación rolda os 88.000 habitantes, sendo a súa capital Andorra la Vella. O seu idioma oficial é o catalán. A súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell.
A bandeira está composta por tres franxas verticais de cores azul, amarela e vermella. No centro sitúase o escudo de Andorra. Pode considerarse como unha fusión entre as bandeiras de España (franxas amarela e vermella) e Francia (franxas azul e vermella), países que actúan de protectores do Principado. A franxa azul representa o ceo de Andorra. Este sería testemuña do esforzo e traballo da súa poboación para lograr obter a súa liberdade e independencia. A cor amarela ou dourada representa as riquezas. Tamén os recursos naturais valiosos que se poden conseguir dentro do territorio do principado. A franxa vermella representa o sangue andorrano derramada pola consolidación do seu país. Ademais, fai referencia á participación dos andorranos en conflitos dos seus vecinos.
FONTE:gal.wikipedia.org e lifeder.com
0 comentarios