BANDEIRAS DO MUNDO LXX
Esta é a bandeira de Irán (República Islámica de Irán/جمهوری اسلامی ایران), un país de Oriente Medio e Asia Occidental. Conta cunha poboación que rolda os 82 millóns de habitantes, sendo a súa capital Teherán. O idioma oficial é o persa.
A bandeira componse de tres franxas horizontais de cores verde, branco e vermello. Tradicionalmente, o verde representa o Islam, a raia branca, que é un pouco máis ancha, representa a esperanza e a paz, e a banda vermella debe proporcionar o valor nas batallas. O motivo central da bandeira é un tulipán vermello, que componse de cinco partes, cada unha das cales representa un dos alicerces do Islam. A fronteira entre a franxa verde e branca e a raia vermella e branca está feita de once inscricións "Deus é grande" en escritura cúfica.
FONTE: gal.wikipedia.org e banderas-mundo.es
0 comentarios