Blogia
vgomez

O ELEMENTO NATURAL MÁIS BRILLANTE DO PLANETA

Pollia condensata. O seu froito é unha baga de cor azul iridiscente / Imaxe: grist.org

A baga africana Pollia condensata é un pequeno froito prodixioso que se caracteriza por ser un dos máis resplandecentes do planeta. De feito, foi considerada pola Universidade de Cambridge como o elemento natural máis brillante do planeta, segundo un artigo publicado pola revista Proceedings of the National Academy of Sciencie.

Trátase do froito dunha planta perenne da familia das Commelinaceae,  que se atopa nas rexións tropicais de África, concretamente, foi descrita por primeira vez en Angola.

A Pollia condensata conta cun talo de aproximadamente un metro de altura, longas follas planas que se dobran en forma de V e flores de cor branca ou rosa pálido.

A cor azul da baga non provén de ningún pigmento, senón que, do mesmo xeito que ocorre con algunhas especies de escaravellos, a súa estrutura celular conta cunha microestrutura de celulosa helicoidal que reflicte luz nunha lonxitude curta de onda, conseguindo un efecto iridiscente e unha reflectividade do 30%, aproximadamente o que un espello prateado.

Cada célula, que é independente, produce a súa propia cor, polo que se producen os reflexos de diferentes tonalidades.

Non é venenoso pero tampouco comestible, xa que carece de calquera valor nutricional. Só algunhas especies de paxaros recádanas pero, lonxe de comelas, transpórtanas aos seus niños para atraer ás femias. Con iso, a Pollia consegue dispersar as súas sementes, que se atopan no interior.

FONTE: plantasyjardines.e

0 comentarios