CRICIGRAMA XXXI
VERTICAIS: 1. Árbore das anxiospermas, propia das costas da India e de Oceanía, de madeira moi recendente, follas grosas, flores pequenas e froito en forma de cereixa, dos que se fan aceites esenciais que son unha boa axuda para desinfectar feridas, sendo, ademais, é un diurético eficaz 3. Infusión feita coas flores doTilia platyphyllos, mesturadas ou non con outras, que se toma como bebida con propiedades medicinais, principalmente como tranquilizante 5. Árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia, cuxas follas empréganse ante enfermidades respiratorias: asma, bronquite ou gripe, tendo ademais capacidades antimicrobianas, facilitando a secreción de fluídos tales como os mocos (sendo un potente expectorante) 6. Planta herbácea perenne da familia das compostas, aromática, con talos débiles que acadan os trinta centímetros, follas alternas e flores amarelas con lígulas brancas e de nome científico Chamaemelum nobile, empregada nos tratamentos de molestias gastrointestinais 8. Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de nome científico Ilex aquifolium, que tenen efectos diuréticos e relaxantes, ademais de diminuír a presión arterial e contribuír a tratar problemas dixestivos 10. Planta da familia das umbelíferas, de talo ramificado, follas filiformes e flores amarelas en círculo, de nome científico Anethum graveolens, cuxas sementes son utilizadas con fins medicinais dende a Antigüedad, especialmente contra a dor asociada á menstruación (dismenorrea) e os espasmos 11. Planta herbáce de nome científico Apium graveolens, que se usa como dixestivo e laxante, debido o seu alto contido en fibra, aínda que tamén se emprega na cociña.
HORIZONTAIS: 2. Planta herbácea perenne da familia das rutáceas, de ata setenta centímetros, talos de base leñosa moi ramificados, follas alternas azuladas e pequenas flores amarelas en corimbo, que despide un cheiro forte e ten propiedades medicinais como antiespasmódico e sedante 4. Planta da familia das amarilidáceas, orixinaria de México, de grandes follas basais, ríxidas e carnosas, das que parte un caule alto que leva na punta as flores que se usa na curación de feridas e chagas, podendo empregarse como desinfectante (aínda que mal utilizada podería chegar a ser venenosa), aínda que tamén se emprega na regulación da produción de insulina (co que diabéticos e persoas con problemas óseos poderían beneficiarse desta planta) 7. Planta da familia das labiadas, de talos leñosos, follas lanceoladas, flores en espiga, azuladas e moi aromáticas, máis coñecida polo uso en perfumería, pero con propiedades relaxantes, sendo útil para situacións de tensións e insomnio, contando ademais con propiedades cicatrizantes, anelxésicas e favoredoras da circulación e do bo funcionamento do sistema respiratorio 9. Planta herbácea de nome científico Calendula officinalis, cuxa flor é popular polas súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes, aplícándoa nas feridas 12. Planta perenne de nome científico Thymus vulgaris, que posúe propiedades antioxidantes e antisépticas, rica en flavonoides, vitamina C, ferro e magnesio, que estimula o apetito e tamén é empregado como expectorante.
0 comentarios