BANDEIRAS DO MUNDO CVIII
Esta é a bandeira de Belarús (República de Belarús/Рэспубліка Беларусь/Respúblika Belarús), un país sen litoral situado en Europa Oriental que formou parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) ata 1991. Conta cun ha poboación que supera os 9,5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Minsk. Os idiomas oficiais son o ruso e o belaruso.
A bandeira está composta por un pano rectangular formado por dúas franxas longitudinais: unha superior de cor vermella e unha inferior de cor verde, correspondentes a dous terzos e un terzo do ancho da bandeira, respectivamente. Unha franxa vertical branca en vermello con deseños decorativos belarusos ocupa un noveno da lonxitude da bandeira e sitúase xunto á hasta. A cor vermella da bandeira representa o pasado histórico do país. O verde representa o futuro esperanzador de Belarús e aos bosques do país. Xunto á hasta atópase un deseño decorativo que representa a cultura e a unidade do pobo belaruso.
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios