BROMA MATEMÁTICA
Chegouche ao WhatsApp o chiste dos 28 cabalos que hai que meter en sete cortes? A verdade é que é moi bo, ademais o señor que o conta, faio moi ben. É un chiste matemático clásico e ten versións noutros idiomas. Supoño que ao velo daste conta de que os números non cadran, ou non te dás conta? Pois explícocho!
O fallo máis importante da división que propón o chiste dos cabalos é empezar pola dereita. Pero claro, tampouco iso é tan excéntrico: tanto a suma, como a resta, como a multiplicación tradicionais empézanse pola dereita. A división é o único algoritmo que hai que empezar pola esquerda. Con toda a confusión que expón iso nos que a aprenden, empezamos a repartir a cifra de maior orde entre a cifra do divisor.
Cando ao “comprobar” este resultado multiplican 13 x 7 cométese o mesmo erro, o de colocar 1 x 7 baixo as unidades. Aínda que para que saíse ben bastaría con lembrar que non eran 13 senón 1 + 3 os que se multiplicaban por sete, polo que a ninguén debería sorprenderlle.
O máis sorprendente é cando coloca os sete 13 un encima do outro e disponse a sumalos (non esquezas que multiplicar é unha suma abreviada, aínda que non sexa o mesmo). O "erro" que comete aquí é o mesmo: sumar sete veces o 3 dá 21 e se engades sete veces o 1 pois xa estás outra vez nos 28.
A parte final, a do “control de calidade”, contén outra vez a mesma división incorrecta. Contan as patas dos cabalos na cuadra: hai 16 patas e como cada cabalo ten 4 patas, dividimos 16 entre catro para ver cantos cabalos hai. Notar que esta división non é unha repartición senón unha agrupación: non estamos a repartir patas entre cabalos, senón agrupando patas de 4 en 4. O certo é que ao dividir 6 entre catro dá 1 e sobran dúas patas. Logo baixan o 1 e dividen 12 entre catro, resultando agora un 3, así que se confirma que, seguindo o método de empezar pola dereita, cada cuadra contén 13 cabalos.
Xogar cos números dá para moitos momentos cómicos!
FONTE: verne/elpaís.es
0 comentarios