CANTO SABES SOBRE GALICIA II
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña. As tres últimas de igual nomee que as actuais, aínda que non cos mesmos límites. Destas sete, Mondoñedo atópase actualmente dentro da provincia de Lugo; Tui dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, a actual capital de Galicia, e a da cidade de Betanzos (que se identificaba independente e politicamente como un enclave diferenciado do resto) forman parte da actual provincia da Coruña.Tras a nova división territorial de España en 1833 as provincias galegas modificaron o seu número e límites, quedando conformada Galicia nas catro actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
E Imos coa pregunta de hoxe!
2. Cantos Parques naturales hai en Galicia?
- Hai 5 Parques Naturales e 1 Nacional
- Hai 9 Parques Nacionais
- Hai 6 Parques Naturais
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios