Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XXXI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Amigo. Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova (a amiga), quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Esta cantiga é atribuída a Sancho I de Portugal, que despois de  enviudar, tivo unha relación María Páez de Ribeira «a  Ribeiriña» a quen dedicou unha cantiga de amigo. A Ribeirinha escrita en 1199, é o texto máis antigo coñecido de poesía galego-portuguesa.

E imos coa pregunta de hoxe!

31. Manuel Curros Enríquez (Celanova-Ouense, 1851-A Habana, 1908) foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967. Só unha destas obras é da súa autoría. Cal é?

- Os dous de sempre

- Arredor de si

- Cantares gallegos

- Aires da miña terra 

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e wikipedia.es

0 comentarios