Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? XI

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ganges. Non só pola súa lonxitude, a cal o converte no recurso fluvial máis importante da India. Tamén polo papel cultural e relixioso para o país. Neste sentido, o Ganges, chamado Ganga na maior parte das linguas indias, considérase unha encarnación da deusa Ganga ou da purificación.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O Himalaia é unha cordilleira situada no continente asiático, que esténdese por varios países: Bután, Nepal, China, Birmania, India e Paquistán. É a cordilleira máis alta da Terra, con 8.850 m s. n. m. Pero como seformou?

- Choque da placa Indoaustraliana e Euroasiática

- Choque da placa Índica e Australiana

- Choque da placa Árabe e Euroasiática

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: saberespractico.com e es.wikipedia.org

0 comentarios