CANTO SABES DE GALICIA LVIX
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Un campo de concentración. O edificio foi reconvertido en prisión polo bando sublevado na Guerra Civil xa en xullo de 1936; nestes primeiros meses de conflito houbo un número indeterminado de execucións extraxudiciais de detidos. Existe constancia documental do seu uso como campo de concentración en outubro de 1937, e en novembro de 1939 volveu pasar a depender da Dirección Xeral de Prisións. Chegou a albergar a máis de 2000 presos.
E imos coa pregunta de hoxe!
69. Na imaxe superior, aparece o antes e despois da chamada Lagoa de Antela. Atópase en Xinzo da Limia (Ourense). Como vedes o seu tamaño minimizouse, desaparecendo case totalmente. Cal foi a razón dese suceso?
- Unha grande sequía nos anos 50
- Polo cambio climático
- Desecación realizada polo home
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxes: eldiario.es e lavozdegalicia.es
0 comentarios