Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? IX

Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior... 

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 300 millóns de anos. Os polbos levan habitando o noso planeta desde tempos moi remotos. Calcúlase que estes xa estaban presentes nos mares do carbonífero hai uns 300 millóns de anos. De feito o fósil de polbo máis antigo que se coñece pertence a unha especie bautizada como Pohlsepia mazonensis, que viviu hai 296 millóns de anos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Outro aspecto crave dos polbos, como xa sabemos, é que carecen de ósos, son todo músculo. E falando de músculos: sabes cantos corazóns ten un polbo?

- 2

- 3

- 4

- 8

Mañá a solución e a última pregunta da serie!

FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza        Imaxe: Jinggong Zhang/BigPicture Competition/Academia das Ciencias de California

0 comentarios