Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO XCV

VERTICAIS: 1. Apelido polo que é coñecido o poeta e dramaturgo granadino, autor do poemario Seis poemas galegos, publicados en 1935 en Santiago de Compostela pola editorial Nós 2. Cabeza do porco despois de despezado 4. Moeda oficial da república situada nos Balcáns, na costa do mar Adriático, coñecida como Montenegro 6. Nome pontifical escollido por Jorge Mario Bergoglio, actual Papa da Igrexa Católica 7. Gromo desenvolvido do nabo, do que saen as flores 8. Capital e cidade máis grande de Belarús.

HORIZONTAIS: 3. Árbore da familia das betuláceas, que pode acadar os vinte metros de altura, de copa moi poboada, con follas arredondadas e dentadas, flores en amento, casca de cor parda e madeira de cor clara, moi dura e lixeira e de nome científico Alnus glutinosa 5. Raza de vacún, típica de Portugal e Galicia, de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións 7. Segundo apelido do escritor ourensán, homenaxedo iste ano 2022 no Día das Letras Galegas 9. Cume máis alto da serra de Gredos e de todo o sistema Central, con 2591 m s. n. m.

0 comentarios