Blogia
vgomez

ENCRICILLADO LXVII

ENCRICILLADO LXVII

VERTICAIS: 1. Cidade máis poboada da India 2. Río, orixinalmente chamado por Alonso de  Ojeda Río Doce, un dos ríos máis longos e caudalosos de América do Sur que desemboca no océano Atlántico, tendo o segundo esteiro máis grande do continente, despois do Río da Prata 3. Peixe da familia dos gádidos de ata dous metros de lonxitude, barbas na queixada inferior e cor acastañada no dorso e abrancazada no ventre e de nome científico Molva molva 5. Romaría que se celebra na vila coruñesa de Betanzos no mes de agosto, na que os participantes acuden en barco a un campo situado nas marxes do río Mandeo 6. Encoro máis grande de galicia.

HORIZONTAIS: 4. Única estación de esquí de Galicia 7. Capital de Somalia 8. O canal de Suez é un canal artificial que liga o mar Mediterráneo co mar... 9. Título do libro de Francisco Narla (Lugo, 1978), de 2013, que narra a lenda do samurái azoutado polo vento 10. Tapa de potas, tarteiras e outros recipientes similares.

0 comentarios