SABÍAS QUE... (TUCÁN)
Denomínase tucán aos membros da familia Ramphastidae, que se compón de 5 xéneros e aproximadamente 42 especies, facilmente reconocible polo seu pico longo e colorido; e asociado coa selva e o ambiente tropical.
De acordo coa especie, o tucán pode medir de 29 a 63 centímetros de longo e pesar de 130 a 680 gramos. Por exemplo, a especie de tucán máis grande é o tucán toco, que chega a medir os 63 centímetros; e un dos máis pequenos é o tucanciño verde, que mide de 33 a 36 centímetros de lonxitude.
Así pois, o tucán é un animal de dimensións relativamente pequenas pero isto non lle impide sobresaír de entre as demais aves. É o seu atractivo pico e plumaxe o que chama a atención: o pico é groso e longo pero aínda así lixeiro, e segundo sexa a especie predominan cores como o azul, amarelo, vermello e verde; a plumaxe é negra e na zona do peito tínguese de amarelo, branco ou azul e cunha franxa laranxa.
As súas patas son curtas e fortes, co primeiro e cuarto dedos dispostos cara atrás. Posúe pequenos dentes parecidos aos dunha serra e unha lingua longa e plana, que mide uns 14 ou 15 centímetros. Os antigos naturalistas pensaron que pola morfoloxía dental, o tucán era un ave que consumía carne, pero hoxe é ben sabido que non é así.
Ambos os sexos son moi parecidos fisicamente.
O tucán é nativo de América e habita o sur de México, Centroamérica, a rexión do Caribe e a zona norte de Sudamérica en climas tropicais e subtropicais. Habita as selvas húmidas con abundancia de árbores nos que poida construír o seu niño.
É unha especie sedentaria que vive nunha soa área durante toda a súa vida ou gran parte dela. Non é un ave migratoria.
A media de vida do tucán na natureza supera os 20 anos. Gran parte do tempo está sobre as árbores, desde onde é capaz de comunicarse ao emitir unha especie de graznido para chamar a outro tucán. Vive en parella ou e bandadas duns 6 membros.
O pico do tucán, a pesar do forte e potente que parece, pouco sérvelle como elemento de defensa ou pelexa pois é oco e lixeiro. Máis ben utilízao para pelar froitas e chegar a elas en ramas afastadas.
A súa dieta está composta basicamente por froitas tropicais pero non é un animal frugívoro xa que tamén pode cazar insectos, lagartixas e ovos.
É un animal monógamo. Un dato curioso reside no feito de que durante o cortexo é común que o macho e a femia ofrézanse alimento uno a outro, quizá nun intento por establecer vínculos máis próximos.
Unha vez ao ano a femia pon de 2 a 4 ovos no niño, construído en ocos das árbores. Ambos os pais coidan dos ovos. Cando as crías saen do cascarón, están completamente desprovistas de plumaxe e o pico é aínda pequeno, non alcanzando o tamaño definitivo ata dentro duns meses.
Iste fermoso animal atópase en perigo e é constantemente ameazado non só polos seus depredadores naturais, senón polo home. De feito, é este a súa maior ameaza ao acabar co seu hábitat natural e capturalo para a súa venda como mascota exótica.
Na actualidade constitúe un delito nalgúns países ter en posesión a un tucán como mascota e comerciar co ave.
FONTE: bioenciclopedia.com
0 comentarios