CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XVII
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Acivro. Ou xardón (Ilex aquifolium) é unha arboriña ou arbusto perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Anteriormente falamos da planta coa maior inflorescencia do mundo: Amorphophallus titanum. Saberías agora dicir cal é a planta coa flor máis grande do mundo?
- Florichi enormun gigantum
- Rafflesia arnoldii
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: nationalgeographic.com.es
0 comentarios