Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre a  CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.

A contestación correcta á pregunta de onte é Día que se celebrou o Referendum para a súa aprobación. Ese día, 6 de decembro de 1978, curiosamente un mércores, o pobo español votou por maioría "si" á pregunta "Aproba o proxecto de Constitución?" (87,78 % de votantes, que representaba o 58,97 % do censo electoral). Foi sancioanda polo Rei o día 27 e, finalmente entrou en vigor o 29 de decembro dese ano.

E imos coa pregunta de hoxe! 


2. Cantos artigos ten a Constitución?

- Un preámbulo, 250 artigos, catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e catro finais.

- Un preámbulo, 169 artigos (título preliminar e dez títulos numerados), catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e unha final.

- 103 artigos e catros disposicións adicionais

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal antena3.com e es.wikipedia.org   Imaxe: race.es

0 comentarios