CANTO SABES DE XAPÓN? XVIII
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Unha artista tradicional xaponesa. Unha gueixa é unha artista tradicional xaponesa cuxas labores consisten en entreter en festas, reunións ou banquetes, xa sexan exclusivamente femininos como masculinos, ou ben mixtos. As súas habilidades inclúen varias artes como a música clásica, a danza, os xogos, e a conversa. Contrariamente á opinión popular, as gueixas non son un equivalente oriental das prostitutas, senón que a condición de gueixa é cultural, simbólica e chea de status, delicadeza e tradición. Ó longo dos séculos, ese contexto foi desenvolvido polo perfeccionamento da técnica desas artes e pola estrutura ríxida necesaria para se converter nunha gueixa. A súa aprendizaxe adoita comezar aos quince anos, ou ás veces a idades máis temperás.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. No soao idioma temos palabras xaponesas como samurai, tempura, manga, nipón, carateca, catana… A cal delas nos referimos se ves esto?
カ
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e tatrutad.net Imaxes: nippon.com e niten.org
0 comentarios