Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO

Se digo Rusia, Canadá, China ou Estados Unidos, seguro que pensades que estou a falar dos países máis grandes do mundo. Pola contra, existen 10 países que son os máis diminutos do globo, pero todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos. O seu tamaño é, precisamente, un dos seus encantos. Lamentablemente, por agora non os poderemos visitar, pero pode servir para facer unha escolla para un futuro, espero que próximo.

Nesta serie, que hoxe comezo, ímolos coñecer, empezamos polo maior. Imos aló!

1. Malta

País insular membro da Unión Europea, densamente poboado, composto por un arquipélago (Malta, Gozo e Comino, os illotes de Cominetto e Filfola e outras illas menores como as Illas de San Pablo), situado no centro do mar Mediterráneo.

Superficie: 316 km2   Poboación: 475.700 (2018)

Capital: A Valeta        Cidade máis poboada: Birkirkara

Idiomas oficiais: Maltés e Inglés

Forma de goberno: República

Moeda: € (Euro)

Sempre foi un enclave único e orixinal, no punto máis estratéxico do Mediterráneo, cunha historia riquísima e fascinante e unha fusión de culturas que se converteu no seu gran atractivo turístico. Neste arquipélago formado por tres diminutas illas o viaxeiro atopa templos prehistóricos, cantís salpicados de fósiles, calas escondidas, recunchos perfectos para o submarinismo, palacios, igrexas, fortalezas e unha historia sorprendentemente intensa. O turismo, con todo, chega atraído tamén por outros reclamos, como as praias ou a aprendizaxe de idiomas. Unha vez ali, dáse un conta de que hai moito que descubrir en tan pequeno espazo: desde os antigos templos de pedra e históricos vínculos árabes, ata a cociña de inspiración siciliana, e un peculiar ambiente británico, herdanza de anos de dominio anglosaxón.

Mañá, seguiremos co seguinte país!

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios