CRUCIGRAMA XL
VERTICAIS: 1. Instrumento eléctrico cunha broca de aceiro para facer buracos 3. Ferramenta recta e plana, acabada en corte, que se utiliza para labrar metal, pedra ou madeira, golpeándoa cun martelo 5. Martelo de ferro, de mango curto, e cabeza xeralmente troncocónica, usado polos canteiros 7. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins.
HORIZONTAIS: 2. Utensilio constituído por unha lámina de madeira ou doutro material, xeralmente de forma cadrada ou arredondada e na maior parte dos casos cunha certa concavidade, que se adapta a un mango máis ou menos longo e se utiliza para coller e trasladar dun lugar a outro unha cousa, remexer a terra etc 4. Instrumento para verificar se un plano está horizontal ou vertical 6. Ferramenta de madeira ou doutro material, que consta dunha peza maciza de formas e tamaños diferentes, inserida polo centro ou por un lateral nun mango, utilizada para pisar, machucar ou golpear 8. Utensilio que consta dunha prancha de aceiro de forma xeralmente triangular e un mango de madeira, usado polos albaneis para coller e aplicar a masa 9. Fita, vara etc., dun metro ou máis de longo, na que se sinalan os decímetros, centímetros e milímetros, que se emprega para medir 10. Aparello para o transporte de cousas formado por un recipiente para a carga que ten forma aproximada de artesa, unha roda, e dúas barras na parte posterior, por onde se colle para ser conducido.
0 comentarios