Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA LETRAS GALEGAS 2020 (III FIN)

VERTICAIS: 1.  Unha vez rematada a Guerra Civil, foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído nun cárcere dunha provincia andaluza... 3. Postura lingüística, tamén coñecida como lusismo, que el defendeu, na que o galego, xunto co resto de variedades da lingua portuguesa, son unha única lingua e, por tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte da mesma lingua, e non dúas linguas do mesmo diasistema lingüístico como defende a RAG 5. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeulle nunha cidad española, no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española, manténdose fiel á República, no batallón Félix Bárzana dá FETE-UXT, o sindicato no que militaba, co grao de tenente e participou na defensa desa mesma cidade... 7. Entre 1950 e 1965 estivo na educación privada, no colexio... de Lugo, no que exerceu como conselleiro delegado, pois non estaba autorizado para ser director.

HORIZONTAIS: 2. Alí naceu o 30 de outubro de 1910 4. En 1928 publicou un libro de poesía en castelán titulado... 6. Licenciouse en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de... 8. En 1987 publicou unha novela moderna cunha alta dose de ironía literaria e que contén numerosos elementos autobiográficos ...

Escritor homenaxeado niste ano 2020.

0 comentarios