CANTO SABES DOS INSECTOS? III
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Verdadeiro. As cascudas son incriblemente veloces. Ao ser a presa de moitos depredadores, fuxir rápido é o seu mecanismo de defensa. Estes insectos rastreros poden desprazarse cunha velocidade de 1,5 metros por segundo (5,4 km/h). Para poñer as cousas en perspectiva, o equivalente humano é de ao redor de 320 km/h!
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é o insecto que aparece na imaxe?
- Saltamontes arco iris
- Saltamontes tartaruga
- Weta xigante
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza
0 comentarios