HOXE AFELIO
Órbita da Terra / Imaxe: bbc.com
A Terra atravesará hoxe venres, 6 de xullo, o seu punto máis afastado do Sol na súa órbita deste ano 2018, un fito astronómico que se coñece como afelio e que ten lugar cada ano entre o 2 e o 7 de xullo.
O momento exacto de maior separación producirase á 18:47 hora peninsular española, cando a Terra e o Sol atoparanse a 152.095.566 quilómetros entre si. O motivo é que a órbita da Terra é elíptica, non circular. Por iso, hoxe estamos a uns 5 millóns de km máis lonxe do sol que dentro de seis meses, en xaneiro, cando se produza o perihelio, a maior aproximación á nosa estrela.
Esta é unha demostración de que non é a distancia ao Sol a que causa as estacións, senón a inclinación do eixo terrestre. É verán no hemisferio norte porque a parte norte da Terra está inclinada cara ao Sol. Mentres tanto, é inverno no hemisferio sur porque a parte sur está inclinada máis lonxe do Sol.
0 comentarios