Blogia
vgomez

ANSON WONG: O NENO QUE APUNTA XENIALIDADES

 


Poida que Anson Wong sexa un xenio. Polo menos as televisións e os xornais de Atlanta, lugar onde vive este pequeno de seis anos cos seus pais Alice e Angelo, así o presentan. E tamén hai unha mancheade vídeos en YouTube onde o neno demostra as súas asombrosas habilidades: desde recoñecer as letras do alfabeto antes de cumprir un ano para explicar o sistema  inmunológico con apenas catro.

E cal foi a fórmula educativa milagrosa? “Practicamente deixámoslle facer o que quere” recoñece a súa nai, Alice. “Moitos pais teñen horarios para os seus fillos. Márcanlles cando é a hora de estudar, cando é a hora para comer, cando a de durmir… A  Anson dámoslle absoluta liberdade. Pode ler ou xogar cando quere. Pode comer ou non. E dorme cando lle apetece. Aínda que obviamente poñémoslle límites… se son máis das dez, ten que irse á cama”, conclúe unha nai á que só lle falta engadir “poida que sexa un xenio, pero só ten seis anos”. A aparente indisciplina, máis propia de Pippi Lamstrung que duns pais responsables non prexudicou a Anson, quen saca todo o proveito posible á tecnoloxía que lle rodea no seu día a día. Angelo, por exemplo, asegura que lle anima a preguntar a Siri ou  Alexa (as asistentes de  Apple e Amazon respectivamente) calquera dúbida que lle xurda para que aprenda a investigar e explorar pola súa conta.

En varias biografías recóllese a anécdota de que un pequeno Orson  Welles, con só un ano e medio de idade, fitou ao doutor que lle atendía na súa casa e díxolle cunha pronuncia perfecta: “O desexo de estudar medicina é un dos grandes trazos que separan ao home dos animais”. Welles, que con dez anos debuxaba, actuaba, escribía teatro e tocaba o piano, foi un dos máis grandes creadores do século pasado. Wong aínda é un neno, aínda que ten claro que quere facer de maior: “inventar unha máquina que cure o cancro”. Se o consegue algo terían que ver os seus pais, aínda que segundo Angelo a súa filosofía limítase a “fomentar a súa curiosidade, ensinarlle a ser  resolutivo e animarlle sempre”.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elfuturoesapasionante.elpais.com

0 comentarios