Blogia
vgomez

DINOSAUROS EUROPEOS V

Continúo coa serie adicada aos dinosauros europeos, xa que case todos os países modernos de Europa foron o lugar de descanso final das especies de dinosauros.

Se onte falamos do Sruthiosaurus, hoxe tócalle ao...

5. Procompsognathus

Procompsognathus é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo celofísido, que viviu a finais do período Triásico Superior, hai aproximadamente 218 a 211 millóns de anos, no Noriense, no que é hoxe Europa.

O material holotipo do Procompsognathus foi atopado na o Formación Keuper, Stubensandstein, Pfaffenhoffen, hoxe Heilbron, Wurttemberg. Alemaña.

Procompsognathus medía aproximadamente 1,2 metros de longo e 26 centímetros de alto, cun peso estimado de 1 quilogramo. Presentaba un longo cranio con órbitas prolongadas. Este bípedo, tiña as pernas traseiras longas, os brazos curtos, as mans con grandes garras, un fuciño delgado e longo con moitos pequenos dentes. Este minúsculo depredador era áxil e tiña agudos sentidos e bos reflexos.

Viviu nun ambiente relativamente seco, no interior do continente e puido ter comido insectos, lagartos e as outras pequenas presas. Probablemente cazaba en pequenas mandas, nas secas chairas do seu hábitat. Cando atrapaba a unha presa, era moi importante suxeitala ben cos cinco pequenos dedos das súas patas dianteiras, para poder desgarrar a carne cos seus puntiagudos dentes curvos.

Mañá outro dinosauro europeo!

FONTE: ecured.cu     Imaxes: wikiwand.com/es

0 comentarios