CANTO SABES DE ARAGÓN? IX
Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é Conca do Ebro. Con máis de 42.000 km2, a conca máis extensa é a do río Ebro. Ocupa case o 88% do territorio e inclúe 663 municipios das tres provincias aragonesas. De feito, case o 50% do total da conca do Ebro, que se estende por 9 Comunidades Autónomas e tres países (España, Francia e Andorra), está en territorio aragonés.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Hai un termo en idioma aragonés, que ao pasar ao castelán quedou relegado para denominar os pequenos lagos de montaña de orixe glaciar situados nos Pireneos aragoneses, desde a zona do val de Ansó ata a contorna da Tuca do Aneto. Cal é ese termo?
- Bión
- Ibón
- Nibón
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: Gobierno de Aragón/icearagon e es.wikipedia.org
0 comentarios