Blogia
vgomez

Milky Way photographer of the year 2025

Como cada ano, o blog de fotografía e viaxes ‘Capture the Atlas’ publica a súa colección anual do Fotógrafo do ano da Vía Láctea coas 25 mellores instantáneas da nosa galaxia desde diferentes partes do mundo.

Nesta oitava edición, a colección inclúe unha imaxe moi especial da Vía Láctea tomada desde o espazo, a bordo da Estación Espacial Internacional que vedes na parte superior: One in a Billion’ (Un en mil millóns). ISS (Estación Espacial Internacional). Donald Pettit: Floto na Cúpula, mirando polas sete xanelas que compoñen esta xoia facetada e transparente. Mentres a miña mente mergúllase na contemplación, os meus ollos deléitanse cos tenues reflexos dunha Terra nocturna. Más de oito mil millóns de persoas chaman fogar a este planeta. Só sete de nós podemos dicir o mesmo da Estación Espacial. Que privilexio é estar aquí. Para a foto, usei un star tracker orbital para eliminar o efecto de ronseis de estrelas desde a órbita.

Se queres ver o resto da colección preme AQUÍ.

FONTE: capturetheatlas.com/es

0 comentarios