Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? XVIII

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Formigas.  A mirmecología é a rama da zooloxía ou, máis precisamente, da entomología, que se ocupa do estudo das formigas, da súa desenvolvida vida social e de todos os aspectos referidos a elas

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Aquí tes un milpés (Dipopoda), un grupo de artrópodos que se caracterizan por ter dous pares de patas na maioría dos seus segmentos corporais. Que tipo de alimentación ten?

- Carnívoro

- Herbivoro

- Omnivoro

- Detritívoro

 Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza  Imaxe: gardentech.com

0 comentarios