O PERIGOSO ASTEROIDE 2020ND ACHÉGASE MAÑÁ Á TERRA
A NASA alertou de que mañá, 24 de xullo, pasará preto da Terra un asteroide de grandes dimensións a unhas 0,034 unidades astronómicas (cinco millóns de quilómetros). A rocha espacial mide máis de 140 metros, é "potencialmente perigosa".
O asteroide, denominado 2020ND, ten un diámetro estimado entre 110 e 260 metros. Polo seu potencial para facer un achegamento ameazante á Terra (todas as rochas espaciais con distancia mínima de intersección de 0,05 unidades astronómicas ou menos) foi catalogado como Asteroide Potencialmente Perigoso (PHD).
Traxecto e percorrido do asteroide 202 ND / NASA
O propio Centro de Estudos de Obxectos Próximos á Terra publicou o traxecto da rocha espacial, onde se pode visualizar o asteroide a unha distancia próxima á Terra. Para acceder pereme AQUÍ.
Esperemos que siga a súa traxectoria, sen máis!
FONTE: elmundo.es/ciencia Imaxe: PIXABAY/elmundo.es
0 comentarios