XESTO AMBIENTAL DO MES DE AGOSTO
Un dos movementos que algúns países están a realizar contra o uso dos plásticos desbotables é a prohibición das palliñas. Os países da Unión Europea fixáronse 2021 como data límite para a súa desaparición, e ao mesmo compromiso uníronse urbes como Ciudad de México. En Europa, segundo datos de Greenpeace de 2018, véndense cada ano 36.500 millóns de palliñas, que se estima que tardan entre 200 e 500 anos en degradarse. Agosto, mes das festas de pobo (aínda que iste ano baixo mínimos), pode ser bo momento para deixar de usalas.
Actualmente pódense atopar palliñas de cartón en moitos establecementos pero, para evitar crear máis refugallos, tamén poden substituírse por unha reutilizable de aluminio. E nas festas na casa, débese evitar o uso de globos, moi perigosos para a vida mariña, e de adornos desbotables.
FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com
0 comentarios