RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA III
Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.
Hoxe imos a...
3. O flysch (País Vasco)
O termo flysch é unha palabra bastante descoñecida. Un fenómeno xeolóxico de millóns de anos de antigüidade e que os científicos levan estudando décadas, pero que para a maioría soa a chinés ou alemán, orixe desta palabra.
Entre Zumaia e Mutriku desprégase o flysch, unha sucesión de cantís e estratos. Iste tramo de litoral atópase no Xeoparque da Costa Vasca (Geoparkea), espazo protexido (en 2015 a UNESCO integrouno na súa rede mundial de xeoparques), preto de San Sebastian.
Unha clase en vivo de Historia e Xeografía que hai que compasar coa hora da marea baixa, o momento do día en que o mar Cantábrico retírase e deixa ver no seu máximo esplendor os estratos rochosos verticais que o mar acaba engulindo.
Curiosamente, foron o escenario da última tempada de Xogo de Tronos.
Mañá outro lugar alucinante!
FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e traveler.es Imaxe: turismo.euskadi.eus
0 comentarios