Blogia
vgomez

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA

Nesta época de pandemia, as viaxes están restrinxidas ao mínimo e como consecuencia o turismo está de capa caída, e non é para menos pois a situación é compricada. Pero, propóñoche unha aventura dende a casa, un paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa. E quen sabe, igual, nun tempo, poderemos escoller algún deles para visitar!

Preparado para saír de viaxe? Comezamos, e imos a...

1. Causeway Coast (Irlanda do Norte)



A un 90 km de Belfast, en dirección noroeste, e a 3 km ao norte da vila de Bushmills, no condado de Antrim, en dirección noroeste, atópase un dos atractivos naturais máis impresionante de Europa: a Calzada do Xigante, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986 grazas á súa particular beleza onde destacan unhas 40 mil columnas de rochas basálticas formadas hai 60 millóns de anos, probablemente por unha erupción volcánica, cun arrefriado rápido de lava, máis a erosión da auga do mar. Estas columnas de entrelazadas de cor ébano atravesan a costa de Causeway en Irlanda. Trátase dunha marabilla natural sen igual.

Segundo a lenda, había dous xigantes, un de Irlanda (Finn) e outro de Staffa (Bennandoner), que levaban moi mal e continuamente tirábanse rochas. De tanto tirar rocas formouse un campo de pedras sobre o mar. O xigante escocés decidiu pasar o camiño de rochas e derrotar ao seu adversario, pois este era máis forte que o outro. A muller do xigante irlandés viu como viña o xigante escocés, así que decidiu vestir ao seu marido de bebé. Ao chegar o escocés e ver que o bebé era tan grande, pensou que o seu pai sería o triplo de grande, así que fuxiu pisando moi forte as rochas, para que se afundisen no mar e que o outro xigante non puidese chegar a Staffa.

Chegar á costa é bastante emocionante en si mesmo, cun percorrido longo e  curvo ao longo da estrada salpicada de casas residenciais, tendas e sorprendentes paisaxes naturais.

É Reserva Natural Nacional (National Nature Reserve) dende 1987.

Espectacular!

Mañá outro lufar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org    Imaxe: 101viajes.com

0 comentarios