Blogia
vgomez

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA IV

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

4. Cinque Terre (Italia)

Denomínase Cinque Terre a unha porción de costa formada por cinco pobos (Monterosso, Vernazza, Corniglia, Manarola e Riomaggiore) na provincia italiana da Spezia, bañada polo mar de Liguria en Liguria.

Esta rexión, grazas ás súas características xeográficas, constitúe un dos principais atractivos da riviera lígure. A súa orixe é un contexto orográfico moi particular, que dá orixe a unha paisaxe montañosa constituída por distintos estratos ou "socalcos" que descenden cara ao mar cunha forte pendente. A man do home, ao longo dos séculos, modelou o terreo sen alterar o delicado equilibrio ecolóxico, utilizando ises socalcos en declive para desenvolver unha particular técnica agrícola destinada a aproveitar todo o posible a disposición do terreo.

En 1997, a pedimento da Provincia da Spezia, as Cinque Terre, xunto con Portovenere e as illas de Manifesta, Tino e Tinetto, foron declaradas Patrimonio da Humanidade da Unesco. En 1999 creouse tamén o Parco Nazionale delle Cinque Terre.

Se o que buscas é un lugar con explosión de cores, tes que visitalas estas cidades italianas, xa que son unha mestura absolutamente fabulosa de casas coloridas, ás veces empolicadas no alto dun cantil, outras veces na costa, pero sempre albergando unhas impresionantes vistas do mar de Liguria, entre outras cousas.

Impresionante!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: lovelystreets.com

0 comentarios