Blogia
vgomez

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA II

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

2. Preikestolen (Noruega)



Un dos mellores lugares para visitar en Escandinavia é o Preikestolen, unha enorme formación rochosa na natureza norueguesa. Coñecido como Pulpit Rock, ou púlpito, é unha formación rochosa suspendida a 604 m sobre as augas azul xeo do Fiordo da Luz (Lysefjorden), no distrito de Ryfylke, ao norte de Stavanger, provincia de Rogalan, e que sen dúbida é un dos lugares de Noruega máis visitados e fotografados ao longo do ano, recibindo uns 80 000 visitantes.

Por que o chaman púlpito? Pola súa forma e se estende os teus brazos e berras algunhas palabras, a túa voz estenderase quilómetros e quilómetros...

Como curiosidade, nese lugar rodouse a escea da persecución en helicóptero da película Mission Impossible: Fallout (1918).

Impresionante!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org    Imaxe: arcticyeti.es

0 comentarios