Blogia
vgomez

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA VII

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

7.   Dolomitas (Italia)

Os Dolomitas é unha cadea montañosa de Italia. O nome provén de Déodat de Dolomieu, xeólogo francés que descubriu a composición da rocha en 1791. Anteriormente coñecíaselles por "Monti Pallidi".

A rexión dos Dolomitas, que forma parte dos Alpes orientais, esténdese sobre unha vasta zona que vai desde o Val Sugana ata Val Pusteria e do val do Adige ao Val do  Piave. Ocupa o territorio de cinco provincias (Trento, Bolzano, Belluno, Udine e Pordenone) repartidas en tres rexións: o Trentino-Alto Adigio, o Véneto e o Friuli-Venecia Julia.

Os Dolomitas son moi diferentes do resto dos Alpes; o seu aspecto está caracterizado por amplísimos vales cubertos de bosques e prados desde os que se alzan, recortándose verticalmente por centenares de metros, os numerosos e illados macizos montañosos. Estes últimos están formados no seu maior parte por unha rocha calcaria de orixe mariña chamada dolomía (denominada así porque a estudou no século XVIII o xeólogo francés Déodat de Dolomieu).

A forma  recortadísima e variada dos relevos débese á acción erosiva dos axentes atmosféricos que, ao longo de milleiros de anos, foron corroendo os estratos superficiais máis brandos, formando torres, gretas, agullas, angostas sendas na rocha, etc. Os residuos desta lenta corrosión, acumulados aos pés das paredes, forman os característicos ghiaioni.

Os Dolomitas foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2009.

Unha das paisaxes máis fermosas de Europa!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: muyinteresante.es

 

0 comentarios