Blogia
vgomez

ASTRONOMY PHOTOGRAPHER OF THE YEAR

No firmamento, máis aló da lúa e as estrelas que podemos ver cos nosos propios ollos, esténdense millóns de galaxias, planetas,  nebulosas, asteroides... Algúns destes obxectos astronómicos son os protagonistas do Astronomy Photographer of the Year (Fotógrafo astronómico do ano), un concurso da organización británica Royal Museums Greenwich no que participan fotógrafos especializados en capturar o que sucede a miles de quilómetros da Terra.

As imaxes gañadoras deste certame, anunciadas o pasado 10 de setembro, foron seleccionados polo xurado entre máis de 5.000 candidatas.

A gañadora absoluta do concurso é esta fotografía do francés Nicolas Lefaudeux da Galaxia Andrómeda. Para conseguir ese ángulo e a sensación de proximidade, o autor fixou a cámara a un telescopio cunha peza creada nunha impresora 3D. 

Se queres ver o resto de fotografías finalistas de cada unha das diferentes categorías que compoñen a competición preme AQUÍ.

FONTE: rmg.co.uk e verne.elpais.com

0 comentarios